En 2023 fixemos unha viaxe polas orixes do noso territorio. Cun inicio na Muralla de Lugo (a máis antiga do mundo conservada na súa totalidade) e unha chegada na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, queda claro que o nexo de unión nesta segunda edición foi a posta en valor do noso patrimonio histórico. Ademais, durante os días de competición, atravesamos outro dos lugares privilexiados da nosa comunidade, xa que a chegada da segunda etapa ao Monte Trega (A Guarda), onde se sitúa un dos castros máis emblemáticos do noso territorio, foi un final espectacular no plano deportivo e no paisaxístico. A terceira etapa supuxo un cambio de terzo, xa que o obxectivo será dar visibilidade a unha zona que foi especialmente maltratada o verán pasado por un dos grandes males que arrasan Galicia cada certo tempo, os incendios. A chamada para ser etapa reina desta edición transcorreu na súa parte final pola comarca de Valdeorras, onde algunhas localidades quedaron completamente acurraladas polo lume, quedando moitas vivendas completamente calcinadas. Lonxe de tapar e evitar isto, O Gran Camiño transcorreu polas súas estradas, dando visibilidade a este problema e levando un grandísimo evento deportivo ás casas destes veciños e veciñas, que hai uns meses loitaban porque as chamas non lle arrebatasen as súas casas e as súas vidas.
Un percorrido atractivo, deseñado coa idea de poñer os ingredientes necesarios para que os corredores puidesen presentar batalla e brindarnos o mellor dos espectáculos.