ogc-cover-2022
Play
ogc-cover-2022
2026. Cinco etapas. Cinco camiños.

OCG segue a atopar percorridos inéditos para amosar a nosa cultura e o noso territorio. Porque non somos unha proba, somos “Historia de Galicia”.

Unha crono para quentar motores.

O Gran Camiño iniciará a súa quinta edición regresando a un dos elementos patrimoniais máis recoñecidos de Galicia, a Torre de Hércules, cunha CRI para quentar motores fronte ao Atlántico máis indómito.

Da chaira interior ás praias do norte.

Na segunda etapa, o pelotón ciclista desprazarase desde a chaira interior lucense, A Terra Chá, ata a costa máis ao norte da Comunidade, A Mariña, para rematar a pé de praia.

Unha homenaxe ao ciclismo de base

A terceira etapa do OGC 26 unirá dúas localidades de fonda tradición ciclista: Carballo e Padrón, combinando os tres elementos que definen Galicia: interior, montaña e costa.

A raíña da alta montaña.

A etapa raíña do OGC 26 será a de Ourense, entre Xinzo e Xunqueira de Espadanedo, protagonizada pola montaña e pola loita épica entre os corredores, cun final inédito no ciclismo profesional.

Rematar por todo o alto.

No OGC queremos manter a emoción ata o último minuto. Así, a última etapa percorrerá a provincia deportiva por excelencia, Pontevedra, e terá un final épico en alto, fronte ao Atlántico e mirando a Portugal: o Monte Trega.

Rexión
peregrina
Todas las miradas del ciclismo internacional apuntaban a finales de febrero hacia Galicia. O Gran Camiño aparecía
en el calendario como una nueva prueba, con un recorrido sugerente y una participación de lujo, faltaba ver como resultaría el evento. Sabíamos que los parajes por donde transcurría la prueba maravillarían a toda aquella persona que desconociera el territorio, pero a mayores de esto, los ciclistas pusieron mucho de su parte para ofrecer un auténtico espectáculo etapa tras etapa.
Mais que unha carreira

Con unhas primeiras edicións impropias dunha volta de categoría 2.1, O Gran Camiño está a sementar un palmarés cheo de grandísimos campións.

Un camiño que comezou en 2022, onde se levou a vitoria a lenda do ciclismo español Alejandro Valverde (a súa última vitoria como profesional), nunha contrarreloxo final moi disputada; dúas para o dinamarqués Jonas Vingegaard, tras arrasar en cada unha das edicións nas que participou (acumulando ademais 6 vitorias de etapa nos dous anos que competiu); e unha última para o canadense Derek Gee, un novo talento que desde 2023 está a asombrar o mundo pola súa altísima calidade, acumulando xa grandes éxitos como: unha vitoria de etapa na prestixiosa Critérium du Dauphiné, un noveno posto no Tour de Francia 2023 (a súa primeira e ata agora única participación) e un cuarto posto no pasado Giro de Italia, loitando cos mellores ata o último día de carreira.

Región
peregrina
Hablamos del Camino de Santiago como uno de los principales reclamos turísticos de Galicia. Cada una de sus diferentes variantes son transitadas cada año por cientos de miles de personas. La belleza de sus tierras no deja indiferente a nadie y el que viene, repite.

La mejor versión de un país, la ofrece el ciclismo de primer nivel. Entendemos el ciclismo como una herramienta inmejorable para dar a conocer los diferentes atractivos de nuestra tierra, caminos, costas salvajes y coloridos bosques. Galicia ofrece el mejor escenario para el espectáculo ciclista de las grandes carreras.
innovación
e personalidade

Unha das premisas que tivemos presente desde o inicio do proxecto foi a de levar a proba a outro nivel, ofrecendo puntos de vista diferentes.

Na edición de 2023, materializamos esta idea coa utilización dun dron FPV durante a emisión en directo. Un recurso inédito, ata o momento, neste tipo de competición. O aparello estivo pilotado por Ivan Merino, que lidera o ranking nacional e conta cunha ampla experiencia en moto GP e Formula1.

Difusión ao máximo nivel

A inestimable colaboración de Eurosport e TVG para chegar a cada pantalla, cunha produción audiovisual moi coidada, fixeron que a proba non tivese nada que envexar ás mellores probas do mundo.

UNHA HISTORIA DE GRANDES XESTAS

Galicia é unha rexión de moita tradición no que a ciclismo se refire, unha gran cantidade de nomes propios que aparecen nos libros de historia do ciclismo, tanto do máis antigo, como do actual. Ciclistas da talla dos míticos irmáns Rodríguez Barros (dos cales Delio aínda posee o récord de victorias de etapa na Vuelta a España, cun total de 39 triunfos), Álvaro Pino, Jesús Blanco Villar, Óscar Pereiro ou gregarios de luxo que formaron parte de equipos punteiros durantes as súas longas carreiras deportivas como Marcos Serrano ou José Ángel Vidal, son algúns dos nomes que hoxe forman parte da cultura ciclista.

Pero a maiores disto, Galicia contou durante moitos anos cunha volta ciclista profesional, que achegaba ao mellor do ciclismo internacional.

Cunha primeira edición datada en 1933 e pese a que algúns anos non se chegou a desputar, o palmarés desta proba está cheo de nomes ilustres e recoñecidos de calquera persoa cun mínimo de interese polo mundo do ciclismo. Salvador Cardona, Julián Barrendero, Vicente Belda, Marino Lejarreta, Laudelino Cubino, Miguel Induráin, Abraham Olano, Laurent Jalabert, Claudio Chiapucci, Andrew Hampsten, Piotr Ugrumov, Gianni Bugno o Frank Vandenbroucke son algunhas das grandes figuras que tomaron a saída nalgunha das súas edicións.

Estes antecedentes supoñen un factor máis para que, tanto afeccionados como equipos, presten gran atención a O Gran Camiño, unha nova volta por etapas, que pese a celebrarse en 2022 a súa primeira edición, ten ao seu favor (entre outras moitas cousas) a historia.

Mantente ao tanto de todas as novas que se desvelarán nas seguintes semanas.

Contacto

Podemos axudarche? Chámanos ou envíanos un correo electrónico e porémonos en contacto contigo canto antes.

Scroll ao inicio