Recuperar unha tradición

A Volta a Galicia foi unha carreira por etapas que se desputou polo territorio galego dende 1933 (ano da súa primeira edición) e que foise sucedendo durante os anos (aínda que non de xeito continuado) ata o 2000, sendo a partires de 2002 relegada a categoría amateur.

Aínda así, existe unha grandísima lista de campións que desputaron ou conseguiron o triunfo nesta carreira. Nomes históricos no mundo do ciclismo como Miguel Induráin, Marino Lejarreta, Abraham Olano, Marco Pantani, Laurent Jalabert, Claudio Chiapucci, Frank Vandenbroucke ou Álvaro Pino formaron parte (ou gañaron) nalgunha das súas edicións. Unha proba que sempre atraía a grandes estrelas que contaban coa simpatía dos mellores equipos do mundo, e que cadraban os seus calendarios para dar o mellor dos espectáculos na ronda galega.

Con O Gran Camiño, buscamos revitalizar esta carreira, coa imaxe e a posta en escena actualizadas e acorde aos tempos que corren, para retomala do xeito máis vangardista posible. Tentaremos que dende o primeiro momento esta proba conte co nivel, a repercusión e a fama que no seu día tivo a Volta a Galicia, atraendo ás grandes figuras mundiais do momento.

O proxecto encaixase dentro das datas do 24 ao 27 de febreiro, adaptándonos así en datas ao resto do calendario e a loxística dos equipos, xa que consideramos moi importante enmarcalo dentro do ciclo de probas que abarca dende a Challenge de Mallorca á Vuelta a Andalucia – Volta ao Algarve, facilitando así o desprazamento de todas as estruturas que durante eses días compiten pola península.

O proxecto

O ciclismo é un deporte fascinante para o espectador. O seu principal activo radica na súa lexión mundial de seguidores en continuo auxe, sumado a que o espectáculo deportivo soe desenrolarse por paraxes evocadores. O ciclista popular non só emula aos seus ídolos comprando a súa mesma bicicleta ou equipación, xa que tamén se despraza coa súa familia a pedalear polos escenarios que contempla por TV. Dende a organización, centraremos os nosos esforzos en crear un evento suxerente, diferente e motivador para o televidente, para o participante (a categoría e o palmarés do elenco participante que forme parte da competición inflúe nas audiencias) e para o patrocinador/promotor. Consideramos que a solidez do nome é capital para calar na mente do afeccionado ou afeccionada, televidente e equipos participantes. Este motivo levounos a cargar o naming de simbolismo sen perder a identidade galega. O ciclismo evoluciona, os equipos evolucionan, as retransmisións evolucionan… e cremos firmemente que as demais carreiras debemos evolucionar e adaptar o noso produto ás novas tendencias mediáticas, para explotar ao máximo o potencial e as posibilidades que este deporte ofrece. A través da nosa singular carreira, ilustraremos ao mundo que Galicia e o gran destino, O Camiño dos Camiños, O Gran Camiño.

Cultura ciclista

Ademais de crear afección, este tipo de carreiras serven para axudar a potenciar a implantación do uso da bicicleta como medio de transporte e actividade ao aire libre, sen focalizar o evento exclusivamente na versión competitiva da bicicleta. Pódese, tamén, incidir en infraestructuras vinculadas ás dúas rodas, como os carrís bici, a recuperación de antigas vías ferroviarias para o uso da bicicleta mediante as chamadas sendas verdes. A movilidade sostible forma parte xa do ideario común da sociedade e ahí a bici xoga un papel capital.

Scroll ao inicio
Scroll to Top