PERCORRIDO 2026
O Gran Camiño 2026 celebrarase do 14 ao 18 de abril. Cinco días nos que o pelotón atravesará parte dos diferentes paraxes da nosa rexión.
O Gran Camiño iniciará a súa quinta edición regresando a un dos elementos patrimoniais máis recoñecidos de Galicia, a Torre de Hércules, cunha CRI para quentar motores fronte ao Atlántico máis indómito.
Na segunda etapa, o pelotón ciclista desprazarase desde a chaira interior lucense, A Terra Chá, ata a costa máis ao norte da Comunidade, A Mariña, para rematar a pé de praia.
A terceira etapa do OGC 26 unirá dúas localidades de fonda tradición ciclista, Carballo e Padrón, combinando os tres elementos que definen Galicia: interior, montaña e costa.
A etapa raíña do OGC 26 será a de Ourense, entre Xinzo e Xunqueira de Espadanedo, protagonizada pola montaña e pola loita épica entre os corredores, cun final inédito no ciclismo profesional.
No OGC queremos manter a emoción ata o último minuto. Así, a última etapa percorrerá a provincia deportiva por excelencia, Pontevedra, e terá un final épico en alto, fronte ao Atlántico e mirando a Portugal: o Monte Trega.
O Gran Camiño 2026 consolida así a súa identidade como unha proba que combina esixencia deportiva, innovación nos percorridos e unha forte vinculación co territorio galego. Ao longo das súas cinco etapas, a carreira servirá como escaparate do patrimonio natural, cultural e paisaxístico de Galicia, desde o interior ata a costa.
Mantente ao tanto de todas as novas que se desvelarán nas seguintes semanas.