FE Seguros súmase como patrocinador principal de O Gran Camiño.
A compañía aseguradora reforza o seu compromiso con Galicia e cos valores do esforzo, a superación e o traballo en equipo.

FE Seguros incorpórase como un dos patrocinadores principais de O Gran Camiño, a gran cita ciclista internacional que percorre Galicia inspirada no espírito do Camiño de Santiago. A proba celebrarase en abril de 2026 e pasará por todas as provincias galegas.

Para FE Seguros, O Gran Camiño é moito máis ca unha carreira. É un escaparate de valores que comparte, como o esforzo, a superación e o traballo en equipo.

Con este patrocinio, a compañía de decesos reforza o seu compromiso co deporte e coa súa terra, Galicia, vinculando a súa marca a unha proba con enorme proxección e visibilidade a nivel internacional, nacional e autonómico.

A natureza do ciclismo e o seu contacto directo coa sociedade, o seu espírito de superación e a súa esixencia física e mental conectan directamente coa misión de FE Seguros: estar ao lado das persoas nos momentos que importan, tanto no deporte coma na vida.

“En FE Seguros cremos nos valores que representa o ciclismo a través de O Gran Camiño: esforzo, traballo en equipo e compromiso. Para nós, apoiar unha iniciativa galega que proxecta ao mundo a esencia da nosa terra e da súa xente é unha maneira de reafirmar quen somos e o que defendemos como compañía”, sinala Ricardo Dapena, director xeral de FE Seguros.

Pola súa parte, desde a organización de O Gran Camiño valórase especialmente a incorporación da aseguradora como novo patrocinador principal.

“Contar co apoio de FE Seguros supón sumar un aliado que comparte plenamente os valores desta proba e a súa vinculación con Galicia. Xuntos queremos seguir facendo medrar un proxecto que une deporte, territorio e emoción”,
destaca Ezequiel Mosquera, director de O Gran Camiño.
Scroll ao inicio