PERCORRIDO
O Gran Camiño foi do 24 ao 27 de febreiro, catro días nos que o pelotón atravesou parte das diferentes paraxes da nosa rexión. Cada unha das catro provincias que conforman Galicia foi protagonista nuha das catro etapas, cun percorrido moi atractivo tanto para o corredor como para o espectador, onde se viviron grandes momentos de loita, estratexia e deportividade.
Pese a que non é un territorio moi extenso, a peculiar orografía da zona fai que sexan infinitas as posibilidades en canto a percorrido se refire.
Coñece o percorrido das catro etapas!