O Gran Camiño celebrará a súa sexta edición do 14 ao 18 de abril de 2027
O Gran Camiño xa ten datas para a súa próxima edición. A proba disputarase do 14 ao 18 de abril de 2027, mantendo por segundo ano consecutivo a súa celebración a mediados de abril e dando continuidade a unha nova etapa na súa traxectoria dentro do calendario ciclista internacional.
A sexta edición volverá converter as estradas galegas en escenario de cinco días de competición, co obxectivo de ofrecer un percorrido atractivo e seguir achegando á afección a algúns dos grandes protagonistas do pelotón profesional.
Desde o seu nacemento en 2022, O Gran Camiño construíu unha identidade propia, combinando a esixencia deportiva coa promoción do territorio. As súas estradas, paisaxes e patrimonio forman parte dunha carreira que mostra Galicia ao mundo a través do ciclismo e que atopa na proximidade do público un dos seus principais sinais de identidade.
Unha edición especial no Ano Santo Xacobeo
A cita de 2027 terá un significado especial pola súa coincidencia co Ano Santo Xacobeo, unha celebración estreitamente vinculada á esencia de O Gran Camiño. A relación da proba co Camiño de Santiago e cos territorios que percorre permitirá reforzar a súa dimensión cultural e turística, ademais da deportiva.
Tras cinco edicións, a organización traballa xa nos preparativos dunha nova entrega. Os detalles do percorrido e os equipos participantes daranse a coñecer na presentación oficial, sobre a cal se darán todos os detalles nas próximas semanas.